martes, 15 de noviembre de 2016

Clase 14 / 11 / 2016

Comezamos por facer un repaso de cómo se din as horas en ingles e cómo se pregunta:

WHAT TIME IS IT?     ou ben    WHAT´S THE TIME?



Despois fixemos os exercicios 1A e 2A da páxina 22 
 Por parellas fixemos os exercicios 2B de completar a hora das páxinas 164 e 166.
 Ao remate da clase correximos parte dos exercicios da fotocopia entregada na clase do día 10 de Novembro.
Para a próxima clase hai que traer lido os carteis que aparecen na parte superior da páxina 23.

jueves, 10 de noviembre de 2016

Clase 10 / 11 / 2016

En primeiro lugar voltamos a escoitar o LISTERING da Páxina 20 pero desta vez coa transcripción do texto.
Tamén da Páxina 20 fixemos o exercicio 5.A atendendo ás reglas que aparecen na páxina 130 sobre a formación do verbo na terceira persoa e da mesma páxina os exercicios 5C e 5E.

Da Páxina 21 completamos os exercicios 6A  "A DAY IN THE LIFE" e tamén o 6B. De GRAMMAR a regla do 8A  e fixemos moitas preguntas tendo como exemplo esa regla.
No exercicio 10A  hai que poñer o nome de  6 profesións.

Para rematar entregou unha fotocopia sobre as profesións e quedou pendiente de corrección para o próximo luns. Trátase de facer preguntas para adiviñar a profesión que ten unha persoa tendo en conta se traballa solo ou en grupo, se se trata dunha profesión de risco ou non... facendo preguntas tales como:
DO YOU WORK ALONE OR IN A TEAM?
IS YOUR WORK DIFFICULT OR EASY?
DO YOU WORK FORM HOME OR IN AN OFFICE?
DO YOU WEAR A UNIFORM?
DO YOU HAVE A LOT OF RESPONSABILITY?
IS YOUR WORK CLEAN OR DIRTY?
DO YOU NEED TO TRAVEL?
....
HAI UN DOCUMENTO CON MOITAS PREGUNTAS
 NA 
AULA VIRTUAL

Clase 9 / 11 / 2016

Comezamos a clase correxindo un traballo que xa comezamos o día anterior: Consistía en facer diálogos por parellas para comprar en diferentes establecimentos.
Para resumir poño algunhas das frases clave:

GOOD MORNING! /GOOD AFTERNOON! (Saúdos según momento...)
CAN I HELP YOU?  (En qué podo axudarlle?)
CAN I HAVE...?  (Para pedir algo que se sabe que existe nese comercio)
DO YOU HAVE...? (Para preguntar se teñen algo que non sabemos se existe no comercio)
WHAT CAN I GET YOU? (Qué lle poño?)
HERE YOU ARE....   (Aquí ten vostede...)
ANITHING ELSE?  (Algo máis?)
Posibles respostas negativas: NO THANKS,   NOCING ELSE (Nada máis)
HOW MUCH IS IT?  (Canto é ?)
IT´S  + cantidade.
HERE YOU ARE... (Aquí ten vostede...)
KEEP THE CHANGE (Quédese co cambio)
THANK YOU! (Gracias)
HAVE A NICE DAY!  (Que teña un día agradable)
HAVE A GOOD TRIP! (Que teña unha boa viaxe)
(en moitos tickets de compra aparece SERVICE NOT INCLUDED o que quere decir que hai que engadir unha cantidade aproximada a un 10% da consumición como propina xa que é o habitual) 

A continuación fixemos os exercicios  2A, 2B e  3B da Páxina 20

Da Páxina 21 falamos dos elementos que aparecen na imaxe da parte superior, tales como:
WINDOWS CLEANER, MANY BUILDINGS, ROADS, CARS, BLUE SKY, GREEN AREAS, CAR PARKS, TRAIN TRACK (via do tren) SKYCRAPER (rañaceo)...  

SIN PALABRAS:

martes, 8 de noviembre de 2016

Clase 7 / 11 / 2016

Fixemos da Páxina 20 os exercicios 1A e 1B referidos a DAILY ROUTINES
As preguntas do apartado B serviron para exercicio de conversa cos compañeiros.
A continuación correximos os deberes da fotocopia entregada o día 3 de Novembro e despois por parellas fixemos diálogos que podían acontecer en diferentes lugares: Bar, Train Station, Souvenirs Shop...




COMPLETA OS ESPAZOS...
http://www.montsemorales.com/vocabulario/routines2b-spot.htm

jueves, 3 de noviembre de 2016

3 November 2016

Da páxina 19 fixemos o Exercicio 6.A e repasamos a regla de uso do Presente Simple.

Despois pasamos á páxina 131 para repasar a conxugación dos verbos cando van na terceira persona do singular. HE / SHE / IT.
Exercicios 2.2 A, 2.2 B , 2.2 C e 2.2 D
Para a próxima clase entregou unha fotocopia para completar con DO/ DOES / ARE / IS.
Para rematar a clase fixemos un xogo no que había que formular preguntas ao compañeiro/a para obter unha resposta coma a que tiñamos na ficha entregada pola profesora.
Aquí poño un video de repaso do uso de DO  e DOES para preguntar en inglés.

miércoles, 2 de noviembre de 2016

2 November 2016

Na primeira parte da clase correximos os HOMEWORK da páxina 16.

A continuación fixemos o Listering da páxina 19 . Exercicio 3A, e o Exercicio 4A de Gramática.

Da páxina 131 fixemos os Exercicios 2.1 A, 2.1 B e 2.1 C

Para rematar a clase fixemos un "Xogo de familias", a partir dunha descripción dada nunha tarxeta había que completar toda a familia, preguntando idade, orixe, nome.

viernes, 28 de octubre de 2016

.


Clase do día 27 de Octubro de 2016

A profesora entrega unha plantilla sobre os aspectos que utilizan para avaliar os diferentes apartados que forman parte dos exámes.
A continuación sinala os HOMEWORK para o próximo mércores, 2 de Novembro, xa que o luns non hai clase.
HOMEWORK : Todos os exercicios da páxina 16 exceptuando o Nº 3, 4C e 5 B que son de facer por parellas 
que os fixemos na clase de hoxe.

jueves, 27 de octubre de 2016

Clase día 26 de Outubro

MOI IMPORTANTE VISITAR A AULA VITUAL XA QUE PILAR PUXO MOITOS ENLACES PARA PRACTICAR O QUE DEMOS NAS PRIMEIRAS CLASES. 
Nunha primeira parte da clases fíxose a lectura que aparece no recadro da páxina 14 BBC FAMILY TOWERS. A continuación interpretamos os pictogramas do Exercicio 2A, Exercicios 3A e 3B.   A continuación, xa na páxina 15 fixemos os exercicios 4A, 4B.
Por parellas completamos a ficha de recepción dun hotel tal e como aparece no exercicio 5.
Ordenamos as frases do Exercicio 6 e como remate da clase redactamos un e.mail solicitando a reserva nun hotel.

martes, 25 de octubre de 2016

Clase 24 de Outubro de 2016

Comezamos a clase cun xogo para aprender o uso correcto dos posesivos. Cada persoa ía escollendo unha tarxeta onde aparecía debuxado un obxecto e debaixo poñía o poseedor.

Ex. Obxecto: Pen
       Poseedor: My mum

THIS IS A PEN
IT IS A MUM´S PEN
IT IS A HER PEN
IT IS  HERS


A continuación, e despois de escoitar o audio correspondente, fixemos o exercicio 2A da páxina 12,  había que escoitar e indicar os prezos das cousas que mercaban os turistas.

Despois explicou, da páxina 128, o xeito de pedir as cousas:

CAN I HAVE.....?
COULD  I HAVE...?  (modo máis formal pero co mesmo significado)

Can I have a sandwich, please?
Could I have a sandwich, please?

Da páxina 129, completamos as frases coas palabras do recadro.

Da páxina 13, había que escoitar un audio e sinalar o prezo correcto e tamén o total das cantidades que se mencionaban.

Da paxina 13, tivemos que completar os prezos do menú e facer un "Speaking" por parellas onde unha persoa facía de "tourist" e outra de "waiter".

No curso pasado fixemos este diálogo que é semellante:

PARA PEDIR A CONTA NUN RESTAURANTE EMPREGAMOS:
CAN I HAVE THE BILL,  PLEASE?


viernes, 21 de octubre de 2016

Clase 20 Outubro 2016

Empezamos a clase coa explicación dos pronomes posesivos en inglés.


Fixemos o exercicio 1.2/C da páxina 129 Tamén se fixeron exemplos do emprego do xenitivo saxón. Poño aquí un video explicativo da formación dese xeito de expresar posesión.

PRACTICA OS POSESIVOS CON ESTE XOGO:
http://www.esolhelp.com/Possessive-Pronouns-and-Adjectives-Millionaire/millionaire.html
 
Fixemos o exercicio 1.2/B da páxina 129 Na páxina 12 do libro fixemos os exercicios 1A,1B,2A e 2B

jueves, 20 de octubre de 2016

Clase do día 19 de Outubro de 2016

Comezamos a clase facendo o exercicio 1A de Vocabulario da páxina 10, asociando cada palabra co obxecto correspondente, vendo na lista cal sobra e sinalando a sílaba tónica de cada unha delas.

A continuación, por parellas fixemos o Exercicio 2A de conversa sobre cousas que habitualmente se levan na mochila, peto  ou maleta.
WHAT FIVE THINGS ARE ALWAYS IN YOUR BAG/POCKET?
WHAT FIVE THINGS DO YOU ALWAYS HAVE IN YOUR BAG/POCKET?
Respostas:
No caso de ser para o feminino:
SHE ALWAYS HAS .....,    ......,   .....,   ......  IN HER BAG.
No caso de ser para o masculino:
HE ALWAYS HAS .....,    ......,   .....,   ......  IN HIS BAG.

Ademáis do vocabulario da imaxe anterior tamén foron aparecendo nas respostas algunhas destas palabras:


 Despos fixemos os Exercicios 3A, 3E e 3F da páxina 11, e o Exercicio 1.2 da páxina  129 repasando os demostrativos.

lunes, 17 de octubre de 2016

Clase día 17 de Outubro de 2016

Na primeira parte da clase correximos os "HOMEWORK" que tiñamos da clase anterior onde había que completar co verbo TO BE con formas contraidas ou sin contraer según sinalase o exercicio.
Lembrar que nas respostas afirmativas curtas NON contrae.
 Ex: Yes, I am

Despois fixemos un repaso de COUNTRIES AND NATIONALITIES onde cada persoa da clase ía dicíndo un  pais ou nacionalidade e os demáis tiñamos que acertar.
Ex: - What´s Norway? 
+ It´s a country.
- And the nationality?
+ It´s NORWEGIAN 

Da páxina 9  fixemos o exercicio do recadro verde  (5A) de recoñecemento de músicas, paises e comidas tipicas.
Despois explicou o uso da letra maiúscula (CAPITAL LETTER) tal é como aparece na páxina 9 do libro e fixemos os exercicios  6A e 6B.

Aquí temos un video que pode servir de repaso:
Un recadro interesante:
Para rematar a clase, en dous grupos, fixemos un xogo onde había que pensar 4 paises con datos importantes sobre él e o outro equipo debe adiviñar en base a eses datos: monumentos, comida, capital... de qué pais se trata. Facendo as preguntas e respostas correspondentes en Inglés. (quedou pendente de rematar)

DOUS XOGOS SOBRE O TEMA :

http://www.eslgamesworld.com/members/games/ClassroomGames/SpinOff/Geography%20Spin%20off%20Game/play.html


PREME NA IMAXE PARA XOGAR
http://www.eslgamesplus.com/countries-and-capitals-esl-hangman-game/

jueves, 13 de octubre de 2016

Clase día 13 de Octubre.

Nunha primeira parte Pilar resolveu a dúbida sobre o uso de  I HAVE GOT  ou I HAVE
Son formas equivalentes pero debemos ser coherentes, se empregamos unha mantela sempre.

FORMA AFIRMATIVA: I HAVE GOT...
FORMA NEGATIVA:  I HAVEN´T  GOT ...
FORMA INTERROGATIVA: HAVE YOU GOT...?

FORMA AFIRMATIVA: I HAVE...
FORMA NEGATIVA: I DON´T HAVE...
FORMA INTERROGATIVA: DO YOU HAVE...?

Despois de correxir o  Exercicio 1B da páxina 8, fixemos un xogo de presentación onde cada alumno/a presentaba a un compañeiro/a a unha terceira persoa empregando as formas de saúdo tal é como aparecen na práctica 3A.

En GRAMMAR  temos que repasar para o luns o  PRESENT SIMPLE : BE. Apartado 1.1

         HOMEWORK Monday 17 October 2016.   Pag. 129   1.1  A, B e  C.

O seguinte exercicio foi sobre paises e nacionalidades: COUNTRIES AND NATIONALITIES
da páxina  152.

Para repasar os nomes de paises e nacionalidades pode valer este video:
 
 

Bob Dylan, premio Nobel de Literatura 2016

Máis coñecido como músico, o poeta e letrista Bob Dylan, acaba de ser premiado pola academia sueca co Nobel de Literatura 2016.

 
Letra en Inglés e traducción (preme sobre a imaxe)

martes, 11 de octubre de 2016

Clase 10 de Outubro 2016

Nunha primeira parte da clase adicámonos a correxir os deberes (HOMEWORK) que tiñamos e tamén a facer aqueles que requerían que escoitásemos o audio.

Como aparecía a pregunta  WHEN IS YOUR BIRTHDAY? Fíxose diálogo para ir expresando as datas e o xeito de contestar a esta pregunta. O que servíu para repasar os ordinais.

WHEN IS YOUR BIRTHDAY?

- My birthday is ON  THE ( data en ordinal)  OF  (nome do mes)
- My birthday is  ON THE  21st  (twenty.first)  OF August

 VIDEOS PARA REPASAR OS ORDINAIS:
 
Tamén fixemos exercicios de SPELLING e máis un BINGO para repasar o abecedario e a numeración.

jueves, 6 de octubre de 2016

Clase do día 6 de Outubro de 2016


Primeiro revisamos o WRITING da proba  que fixemos hai uns días. Na Aula Virtual e tamén no blog atópanse os "CORRECTION SYMBOLS" para comprobar os fallos que tivemos.

Despois empezamos co libro na páxina 6 onde fixemos un repaso do nome das cores e xogamos ao "Vexo,vexo" en Inglés.


"I SPY WITH MY LITTLE EYE SOMETHING......(colour)...."


E había  que adiviñar de que obxecto se trataba facendo preguntas á persoa que decía a cor.

Is it a lamp?
Is it a pen?
Are they Pepe´s trousers?

Despois xogamos ao HANGMAN (aforcado) . 
Ao entrar no enlace hai que escoller o idioma (bandeira de UK)


Outro tipo de HANGMAN:

http://www.hangman.learningtogether.net/school/index.htm 


PARA O PRÓXIMO LUNS HAI QUE TRAER FEITOS OS EXERCICIOS DA PÁXINA 6 
(agás o 2A e o 5B)


Seguimos repasando o ABECEDARIO

Non me resisto a non poñer un video que ten máis de 58 millóns de visitas :-)

Símbolos que empregan nas correccións. (Correction Symbols)

PREME NA IMAXE INFERIOR
https://www.edu.xunta.gal/centros/eoideferrol/aulavirtual2/pluginfile.php/14913/mod_label/intro/correction_symbolsVC.docx.pdf

Practicando "LISTENING"

 Our teacher Pilar recommends on Virtual Classroom

miércoles, 5 de octubre de 2016

Clase 5 de Outubro de 2016

Hoxe adicamos parte da clase a correxir a proba inicial que fixemos o luns pasado. 
Na última parte da clase conversamos "speaking" cos compañeiros sobre traballo, hobby, gustos...

O próximo día, é dicir na clase de mañá xoves, empezaremos a usar o libro.


lunes, 3 de octubre de 2016

Proba inicial.

Hoxe, no tempo da clase, fixemos unha proba que comprendía casi os mesmos apartados que fixemos na última avaliación do curso pasado: LISTERING, READING e WRITING.




A revista da E.O.I. de Ferrol e das súas seccións.

A Escola Oficial de Idiomas de Ferrol edita a revista DIÁLOGO con aportacións que fai o alumnado matriculado, no noso caso pódense enviar colaboracións en Inglés ao seguinte enderezo:
eoi.ferrol@edu.xunta.es
indicando que se trata dunha colaboración para a revista DIÁLOGO.

viernes, 30 de septiembre de 2016

Rematamos cunha canción. ETERNAL FLAME (29/09/2016)

A profesora entrega unha fotocopia onde hai GAPS (ocos para cubrir) e a medida que escoitamos a canción eleximos dunha lista colocada á dereita as palabras axeitadas. Aquí vai o video da canción coa letra en Inglés e a súa traducción.

Repasando o abecedario (29/09/2016)

Toca repasar o deletreo con diferentes palabras que aparecen nun texto e tamén facer o exercicio inverso: unha persoa deletrea e as demáis temos que adiviñar de qué palabra se trata.


As datas e a súa pronunciación (29/09/2016)

Con este video podemos repasar cómo se pronuncian as datas en Inglés.

Por parellas fixemos preguntas... ( 29/09/2016)

Sería dificil poñer aquí todas as preguntas que se formularon.
Para repasar algunhas preguntas frecuentes poño este video. Admito suxerencias de videos mellores...

lunes, 26 de septiembre de 2016

Primeira clase. (28/09/2016)

Nesta primeira clase formal, Pilar - a nosa profesora- amosa como facer o rexistro na Aula Virtual á que poderemos acceder coa contraseña de convidados que ela nos da.
Informou despois que a Xunta lles pide facer unha avaliación inicial do estado do alumnado nos diferentes apartados, aqueles mesmos que compoñen as probas finais.
A continuación e despois de repartir uns papeliños, cada persoa escribiu o seu nome e cinco características ou gustos propios. Eses papeles pasaron a unha bolsa para que fosen despois collidos ao chou e cadaquen tiña que adiviñar cal era a persoa que aparecía definida.
 Foi un exercicio que servíu para presentarnos e ao remate casi sabíamos  os nomes dos compañeiros.
Finalmente a profesora foi lendo os "mini.mistakes" que aparecían, erros que cometemos e que iremos correxindo no camiño de aprender.
Por parellas fixemos un xogo onde había que escribir 3 cousas comunes ás dúas persoas e 3 diferentes.

Información importante

Referida ao curso que comeza, horarios, bibliografía, vacacións...
PREME NA IMAXE INFERIOR

https://drive.google.com/open?id=0B4fugDwRpUSCYkhUeEtoTkl1azg


Presentación Curso Básico 2 . 2016/17


Libros Básico II


lunes, 12 de septiembre de 2016

COMEZO DAS CLASES

Dende hoxe pódese ver esta imaxe na páxina web da sección das Pontes da Escola Oficial de Idiomas:

Fixádevos ben no apartado I M P O R T A N T E.


martes, 21 de junio de 2016

PARA CONSULTAR EXPEDIENTE E FACER PREINSCRIPCIÓN

https://www.informaticacentros.com/centrosnet/ultralogin.php?tcentro=EXT&centro=C21

PREME NA IMAXEN SUPERIOR
Onde figura USUARIO hai que poñer o Número de Carnet da EOI e se faltasen números engadirlle ceros á esquerda.
Onde figura CONTRASEÑA hai que escribir o DNI sin a letra.
Onde figura CONTRASEÑA PERSOAL hai que poñer a que se empregou para preinscribirse no curso pasado no caso de non lembrala pulsar abaixo en RECORDAR PASSWORD

jueves, 19 de mayo de 2016

EXAMES FINAIS

O DÍA 31 DE MAIO A PARTIR  DAS 4 DA TARDE TERÁN LUGAR AS PROBAS ESCRITAS NA AULA DE FILOSOFÍA.

O DÍA 1 DE XUÑO SERÁN AS PROBAS ORAIS SEGUNDO  O INDICADO A CONTINUACIÓN.


jueves, 12 de mayo de 2016

ASISTENTE DE IDOMA EN AS PONTES

Hoxe pola tarde, a partir das 16,30, estará no IES Castro da Uz o asistente de idioma da EOI de Ferrol: Mathew Banks.



PLANING 12 /05/2016

Matthew is a great  communicator,  we spent a fun afternoon.
Congratulations !!

PREPOSICIÓNS DE UBICACIÓN

miércoles, 4 de mayo de 2016

DIA 3 DE MAYO, CHARLA SOBRE CANADÁ

Inserto aquí un video turístico que algo ten que ver coa conferencia, non grabei ao poñente.

martes, 26 de abril de 2016

PRONOUNS OBJECT.

Van detrás do verbo e son o complemento directo. Neste video vemos a diferencia entre os pronomes suxeito e obxecto:

martes, 19 de abril de 2016

ADJECTIVES (LESSON 7)

Andamos a voltas cos adxectivos do tema 7, non atopei ningún listado semellante pero neste video aparecen algúns que, de seguro, nos serán útiles: