lunes, 17 de octubre de 2016

Clase día 17 de Outubro de 2016

Na primeira parte da clase correximos os "HOMEWORK" que tiñamos da clase anterior onde había que completar co verbo TO BE con formas contraidas ou sin contraer según sinalase o exercicio.
Lembrar que nas respostas afirmativas curtas NON contrae.
 Ex: Yes, I am

Despois fixemos un repaso de COUNTRIES AND NATIONALITIES onde cada persoa da clase ía dicíndo un  pais ou nacionalidade e os demáis tiñamos que acertar.
Ex: - What´s Norway? 
+ It´s a country.
- And the nationality?
+ It´s NORWEGIAN 

Da páxina 9  fixemos o exercicio do recadro verde  (5A) de recoñecemento de músicas, paises e comidas tipicas.
Despois explicou o uso da letra maiúscula (CAPITAL LETTER) tal é como aparece na páxina 9 do libro e fixemos os exercicios  6A e 6B.

Aquí temos un video que pode servir de repaso:
Un recadro interesante:
Para rematar a clase, en dous grupos, fixemos un xogo onde había que pensar 4 paises con datos importantes sobre él e o outro equipo debe adiviñar en base a eses datos: monumentos, comida, capital... de qué pais se trata. Facendo as preguntas e respostas correspondentes en Inglés. (quedou pendente de rematar)

DOUS XOGOS SOBRE O TEMA :

http://www.eslgamesworld.com/members/games/ClassroomGames/SpinOff/Geography%20Spin%20off%20Game/play.html


PREME NA IMAXE PARA XOGAR
http://www.eslgamesplus.com/countries-and-capitals-esl-hangman-game/

No hay comentarios: