lunes, 26 de septiembre de 2016

Primeira clase. (28/09/2016)

Nesta primeira clase formal, Pilar - a nosa profesora- amosa como facer o rexistro na Aula Virtual á que poderemos acceder coa contraseña de convidados que ela nos da.
Informou despois que a Xunta lles pide facer unha avaliación inicial do estado do alumnado nos diferentes apartados, aqueles mesmos que compoñen as probas finais.
A continuación e despois de repartir uns papeliños, cada persoa escribiu o seu nome e cinco características ou gustos propios. Eses papeles pasaron a unha bolsa para que fosen despois collidos ao chou e cadaquen tiña que adiviñar cal era a persoa que aparecía definida.
 Foi un exercicio que servíu para presentarnos e ao remate casi sabíamos  os nomes dos compañeiros.
Finalmente a profesora foi lendo os "mini.mistakes" que aparecían, erros que cometemos e que iremos correxindo no camiño de aprender.
Por parellas fixemos un xogo onde había que escribir 3 cousas comunes ás dúas persoas e 3 diferentes.

No hay comentarios: