viernes, 30 de septiembre de 2016
Rematamos cunha canción. ETERNAL FLAME (29/09/2016)
A profesora entrega unha fotocopia onde hai GAPS (ocos para cubrir) e a medida que escoitamos a canción eleximos dunha lista colocada á dereita as palabras axeitadas.
Aquí vai o video da canción coa letra en Inglés e a súa traducción.
Repasando o abecedario (29/09/2016)
Toca repasar o deletreo con diferentes palabras que aparecen nun texto e tamén facer o exercicio inverso: unha persoa deletrea e as demáis temos que adiviñar de qué palabra se trata.
As datas e a súa pronunciación (29/09/2016)
Con este video podemos repasar cómo se pronuncian as datas en Inglés.
Por parellas fixemos preguntas... ( 29/09/2016)
Sería dificil poñer aquí todas as preguntas que se formularon.
Para repasar algunhas preguntas frecuentes poño este video. Admito suxerencias de videos mellores...
Para repasar algunhas preguntas frecuentes poño este video. Admito suxerencias de videos mellores...
lunes, 26 de septiembre de 2016
Primeira clase. (28/09/2016)
Nesta primeira clase formal, Pilar - a nosa profesora- amosa como facer o rexistro na Aula Virtual á que poderemos acceder coa contraseña de convidados que ela nos da.
Informou despois que a Xunta lles pide facer unha avaliación inicial do estado do alumnado nos diferentes apartados, aqueles mesmos que compoñen as probas finais.
A continuación e despois de repartir uns papeliños, cada persoa escribiu o seu nome e cinco características ou gustos propios. Eses papeles pasaron a unha bolsa para que fosen despois collidos ao chou e cadaquen tiña que adiviñar cal era a persoa que aparecía definida.
Foi un exercicio que servíu para presentarnos e ao remate casi sabíamos os nomes dos compañeiros.
Finalmente a profesora foi lendo os "mini.mistakes" que aparecían, erros que cometemos e que iremos correxindo no camiño de aprender.
Por parellas fixemos un xogo onde había que escribir 3 cousas comunes ás dúas persoas e 3 diferentes.

lunes, 12 de septiembre de 2016
COMEZO DAS CLASES
Dende hoxe pódese ver esta imaxe na páxina web da sección das Pontes da Escola Oficial de Idiomas:
Fixádevos ben no apartado I M P O R T A N T E.
Fixádevos ben no apartado I M P O R T A N T E.
domingo, 11 de septiembre de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)