"Na clase do xoves continuamos repasando os verbos there is/are en afirmativo, interrogativa e negativa conxúntamente coas expresións de cantidade a/an, some, any, a lot of.
Fixemos unha búsqueda de información pola clase/instituto que subirei á aula Cesga o antes posible, respondendo a preguntas "How many....are there? / How much....is there?", tras o cal vimos a diferencia entre nomes contables e incontables en inglés. recordade que os nomes incontables, ao non poderse contar (e polo tanto non ter plural), non poden usarse co artigo a/an, por exemplo, non podemos dicir "a milk" ou "a water", teríamos que utilizar "some/a lot of water". Pola contra, os contables, como os podemos cuantificar, teñen tanto singular como plural, sendo no singular cando o artigo a/an se utiliza.
Ademáis, si nos fixamos nas preguntas con "how much" e "how many", usadas para preguntar por unha cantidade, dámonos conta de que "how much" úsase sempre con incontables e "how many" con contables en plural.
Practicamos estes contidos co exercicio que está na mesma folla que a búsqueda de información."
Aproveito para poñer aquí un audio do tema 6 onde unha muller vai mercar un billete de autobús. Fixemos algúns exercicios relacionados con este audio que veñen no libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario